Emprende Low Cost
Isto de que vai?
Tes unha idea de negocio e non sabes moi ben por onde comezar. Organizar un equipo de traballo, conseguir financiamento, identificar e comunicar cos clientes… Son quebradeiros de cabeza que tiran para atrás moitas ideas con potencial (e iso sen falar das xestións con Facenda)
Pero non te preocupes, o Xeración Team (no marco do proxecto Erasmus+ Peas in a Pod) está a desenvolver un proxecto que che pode axudar a descubrir como por en marcha un negocio ou un proxecto viabel sen moitos cartos.
Chamamoslle Emprende Low Cost e consiste nun curso intensivo no que poder aprender aspectos básicos para sacar adiante a túa idea dunha maneira práctica, amena e individualizada.
Este programa é para ti se…
- Tes un espitiru xove
- Queres mudar a túa realidade
- Estaslle a dar voltas a unha idea de negocio
- Non tes medo a sair da túa zona de confort
- Precisas de alguén que te bote unha man compartindo a sua experiencia
- Tes fame por aprender novas cousas e de facer contactos con xente inspiradora
Qué vas aprender?
-
Xestión
Aprende como levar dunha maneira estructurada e sinxela o día a día dunha empresa
-
Financiamento
Descubre onde e como atopar fontes de financiamento para a tua idea
-
Marketing
Os mellores consellos para conectar cos teus clientes potenciais
-
Internacionalización
Coñece como darlle un enfoque europeo o teu negocio