Podes escribirnos a info@xeracion.org poñendo como obxeto Galeuropa ou ben enviarnos unha mensaxe privada á nosa páxina de Facebook
En que datas faría as prácticas?
Temos previsto que todas as mobilidades comecen o 1 de septembro e finalicen o 30 de novembro. Podería darse que as datas finais varien en 1/2 semanas.
En que tipo de empresas faría as prácticas?
Pois todo depende do teu perfíl. Se tes sorte e resultas seleccionado teras unha entrevista online coa entidade de acollida co fin de coñecerte e atoparte a empresa máis axeitada as túas características. Podemosche adiantar que a maioria das empresas son pemes que xa teñen experiencia acollendo xente de fora.
E se quero voltar antes?
No caso de que teñas que voltar a Galicia por causas de forza maior: enfermidade/morte de familiar ou oferta de traballo (esperamos que non se dea o primeiro caso) o noso seguro cubre o teu regreso anticipado. Se se trata de calqueira outra razón habería que falalo
Que pasa se teño algún problema durante as prácticas?
Durante todo o proxecto terás un tutor galego (do Xeración Team) e outro da entidade de acollida cos que terás comunicación directa. No caso de que xurdise calqueira problema ámbolos dous tentarán resolvelo o antes posible
Morrerei de fame?
So se queres… Pola nosa parte transfiriremosche cartos suficientes (entre 250 e 300€/mes) para te poidas alimentar decentemente e mesmo engordar. No que os decidas gastar finalmente será cousa túa
Onde viviría?
Encargarémonos de atoparte un apartamento céntrico e totalmente equipado (siii tamén con Internet) que compartirás con outros participantes galegos do Proxecto Galeuropa. A túa habitación será ou individual ou compartida con alguén do teu mesmo sexo.
Cantas prazas se ofertan?
Temos planeado enviar entre 4 e 7 participantes galegos a cada destino así que non te preocupes estarás ben acompañado/a
Onde se desenvolven as prácticas?
O noso menú de destinos está composto por Barcellona Pozzo di Gotto (Italia), Katowice (Polonia) e Lisboa (Portugal)
Canto custa participar no proxecto?
Nada, repetimos 0 euros. De feito non terás nin que adiantar os custes da viaxe. Se estás a procura de emprego entendemos que non ten moito sentido facerche pagar un diñeiro que non tes.