Galeuropa 2019
Isto de que vai?
Remataches os estudos e estas na casa, sen saber moi ben que facer, botando CV como que bota mensaxes nunha botella ó mar. Es o que se ven coñecendo como un Ni-Ni e poucas cousas hai máis frustrantes que iso…
Pero non te preocupes, o Xeración Team (en colaboración coa Xunta de Galicia) está a desenvolver un proxecto que che pode axudar a saír desa dinámica. Trátase nin máis nin menos do Programa Galeuropa 2019
A idea consiste en que vaias vivir unha experiencia vital no estranxeiro botando 3 meses traballando e vivindo en Portugal, Italia ou Polonia. Non queremos que por razóns económicas ninguén deixe de participar no Galeuropa por iso cubrimos todos os custes de viaxe, aloxamento, seguro e manutención no teu destino. Ademáis recibirás apoio lingüístico e cultural tanto do Xeración Team como do noso socio de acollida para que a túa integración sexa o máis doada posible.
A nosa intención e que o Programa Galeuropa 2019 sirvache para descubrir outra maneira de traballar, aprender unha nova lingua, facer amigos doutros paises, mellorar o teu CV e, por qué non? para que crezcas como persoa.
Quén pode participar?
Requisitos
- Ter entre 18 e 30 anos
- Estar inscrito no momento da solicitude no Sistema de Garantía Xuvenil
- Non ter participado con anterioridade no Programa Galeuropa
- Residir en Galicia
- Non estar a traballar
- Non estar a recibir ningunha acción formativa (universidade, curso do paro, ciclo…)
- Con motivación para descubrir outra cultura, lingua e maneira de traballar
Sectores que ofertamos
- Hostelería e restauración
- Servizos sociocomunitarios
- Electricidade e electrónica
- Instalacións e mantemento
- Impresión e deseño gráfico
- Mecánica e mantemento de vehículos
- Xestión administrativa
- Educación e formación
Ónde te enviamos?
Como funciona o proceso?
-
Inscripción
Cubre a solicitude que atoparás debaixo con tódolos teus datos e envianola o antes posible
-
Selección
As candidaturas que cumpran todos os requisitos faremoslle un test no que comprobar a tua motivación
-
Preparación
Se a túa candidatura resulta seleccionada axudaremosche a que che resulte doado adaptarte a túa nova vida (e lingua)
-
Experiencia
O 1 de setembro de 2019 darán comezo todas a mobilidades así que se todo sae ben estarás voando ó teu destino
Máis información
Nada, repetimos 0 euros. De feito non terás nin que adiantar os custes da viaxe. Se estás a procura de emprego entendemos que non ten moito sentido facerche pagar un diñeiro que non tes.
O noso menú de destinos está composto por Barcellona Pozzo di Gotto (Italia), Katowice (Polonia) e Lisboa (Portugal)
Temos planeado enviar entre 4 e 7 participantes galegos a cada destino así que non te preocupes estarás ben acompañado/a
Encargarémonos de atoparte un apartamento céntrico e totalmente equipado (siii tamén con Internet) que compartirás con outros participantes galegos do Proxecto Galeuropa. A túa habitación será ou individual ou compartida con alguén do teu mesmo sexo.
So se queres… Pola nosa parte transfiriremosche cartos suficientes (entre 250 e 300€/mes) para te poidas alimentar decentemente e mesmo engordar. No que os decidas gastar finalmente será cousa túa
Durante todo o proxecto terás un tutor galego (do Xeración Team) e outro da entidade de acollida cos que terás comunicación directa. No caso de que xurdise calqueira problema ámbolos dous tentarán resolvelo o antes posible
No caso de que teñas que voltar a Galicia por causas de forza maior: enfermidade/morte de familiar ou oferta de traballo (esperamos que non se dea o primeiro caso) o noso seguro cubre o teu regreso anticipado. Se se trata de calqueira outra razón habería que falalo
Pois todo depende do teu perfíl. Se tes sorte e resultas seleccionado teras unha entrevista online coa entidade de acollida co fin de coñecerte e atoparte a empresa máis axeitada as túas características. Podemosche adiantar que a maioria das empresas son pemes que xa teñen experiencia acollendo xente de fora.
Temos previsto que todas as mobilidades comecen o 1 de septembro e finalicen o 30 de novembro. Podería darse que as datas finais varien en 1/2 semanas.
Podes escribirnos a info@xeracion.org poñendo como obxeto Galeuropa ou ben enviarnos unha mensaxe privada á nosa páxina de Facebook
Os participantes de edicións anteriores dín…
-
"He descubierto que mi futuro no tiene por qué estar tan marcado sino que en la vida hay infinidad de posibilidades"
-
"É unha experiencia que como persoa che fai medrar e aprender moito"
-
"Aprendí a valorar el trabajo, el dinero que nos dan y a relacionarme con otras culturas"
Có apoio de…
