EUROLIBRARY foi unha orixinal iniciativa internacional na que participaron 24 creativos emerxentes vidos de 4 países europeos. O longo de 6 intensos días traballamos na organización de actividades públicas e gratuitas nas diferentes vilas de paso do Camiño de Santiago. Así desenvolvimos bibliotecas humanas, creamos stands nas prazas centrais, fixemos obradoiros con escolas e prantamos árbores coa comunidade local. Todo coa misión de compartir e recompilar experiencias de viaxes o tempo que promovimos oportunidades de mobilidade xuvenil internacional
A iniciativa estructurouse en 3 fases:
Preparación. Antes da chegada e durante un día en Santiago de Compostela estivemos deseñando as diferentes estratexias de comunicación e organizando os diferentes grupos de traballo.
Road trip. Unha viaxe de 4 días visitando diversas vilas de paso do Camiño e organizando eventos nos que fomentamos a participación e a mobilidade xuvenil. Todo mentres traballamos e convivimos en 4 autocaravanas.
Promoción. Un intenso día de traballo organizando todo o material audiovisual producido durante o camiño e compilandoo nunha curtametraxe.