Comezar a vivir nunha nova cidade nunca resulta doado. E se estamos a falar dun novo país xa non digamos. A xente, a lingua, maila cultura cambian e todo faise máis difícil. Cousas tan sinxelas como ir o banco ou a consulta do médico resultan un reto lingüístico.
Durante todo o ano recibimos voluntarios de toda Europa. Xente xove que está connosco entre 2 e 10 meses desenvolvendo ó seu Servizo de Voluntariado Europeo. Como sabemos que a adaptación á cultura galega pode custar a alguén vido de tán lonxe, queremos facer o proceso o máis doado posible.
E para iso precisamos de tí…
Estamos a procurar xente activa, con un chisco de tempo, capaces de comunicarse en inglés e con ganas de ser os mellores embaixadores que Ferrol poida ter. Para qué? pois basicamente para axudar os nosos voluntarios a integrarse na cidade, a descubrila, a gozala, en definitiva, a sentirse coma na casa.