Outros plans son posibles. Somos un grupo de xente que monta alternativas: experiencias para medrar, sobre todo se es xove, e proxectos que melloran a vida da comunidade. Dende 2013.

Os próximos cinco días en Xeración
Quero ver toda a axenda- MAR 17 NOV · 20:00Jam Session Xeracion, Rúa Almendra, 9
- MÉR 18 NOV · 20:00ARTholicsXeracion, Rúa Almendra, 9
- XOV 19 NOV · 20:00Offline Club 📵Xeracion, Rúa Almendra, 9
Montámolos porque facían falta.
Cando algo non existe e debería, tentamos construílo. Estes son algúns.
Liña
Os autobuses de Ferrol e de Galicia nunha soa app, con horarios e tempo real de varias operadoras.
Quero probalaUnha biblioteca de obxectos con préstamo veciñal. Para que mercar unha furadeira que vas usar dúas veces.
Quero ver que haiDevolverlle o bosque autóctono ao monte, parcela a parcela.
Quero veloMañás de voluntariado para limpar praias e ribeiras, plantar árbores autóctonas e quitar eucalipto. Dende 2019.
Quero botar unha manUn grupo pequeno cun historial longo.
Somos un colectivo novo de Ferrol, sen ánimo de lucro. Levamos dende 2013 montando experiencias e proxectos, con xente de aquí e de fóra.
- ano no que comezamos
- 2013
- voluntarios internacionais acollidos
- +120
- mozos e mozas enviados a proxectos fóra
- +50
- persoas socias
- 57
Parte do que facemos finánciao Europa. Estamos acreditados por Erasmus+ e o Corpo Europeo de Solidariedade e formamos parte da rede Eurodesk.
Quero saber quen sodesVés de parte dunha entidade?
Se dubidas, escríbenos.
Sen formularios longos. WhatsApp, correo ou pásate pola Almendra 9 de luns a venres, das 10:00 ás 14:00.



