Saltar ao contido principal

Somos Xeración, un colectivo novo de Ferrol que monta outros plans.

Dende 2013 preparamos experiencias para que a xente nova saia, aprenda e coñeza outra xente, e poñemos en marcha proxectos que lle fan falta á comunidade. Sen ánimo de lucro, dende a Casa da Xuventude e con xente de aquí e de media Europa.

El equipo de Xeración y el voluntariado europeo en la Casa da Xuventude de Ferrol

Xeración en cifras.

anos montando plans en Ferrol
13
voluntarios doutros países acollidos
+120
mozos e mozas de aquí enviados a proxectos fóra
+50
persoas socias
57
proxectos no noso arquivo dende 2014
26
participantes de 23 países neses proxectos
+610

Xeración, en poucas palabras.

Que somos
Un colectivo xuvenil sen ánimo de lucro, nado en Ferrol en 2013.
Onde estamos
Na Casa da Xuventude, Rúa Almendra 9. Oficina de luns a venres, das 10:00 ás 14:00.
Para quen
Sobre todo xente nova. Tamén centros educativos, institucións, empresas e colectivos.
Como se financia
Unhas experiencias págaas quen participa e outras finánciannas programas europeos.

O que facemos.

O que fomos montando en Ferrol.

Ademais dos proxectos grandes, o voluntariado europeo e a xente de aquí foron poñendo en marcha cousas pequenas na cidade.

Cultura

  • Noites culturaisCada persoa voluntaria que chega presenta o seu país con xogos, bailes, concursos e comida. Houbo un mercado de Nadal alemán, unha noite estoniana de xogos de mesa, unha cea austríaca… Seguen en marcha.
  • Cine con debateCada dúas semanas, unha película escollida polo voluntariado e unha conversa despois.

Medio ambiente

  • Horta urbana de CanidoXunto ao centro cívico e cos veciños do barrio: mobles con palés, macetas novas, plantar e recoller verduras.
  • Lavadoiro de CanidoNa primavera de 2021 pintamos o lavadoiro e limpamos a zona para plantar un bosque comestible.
  • Retake Limpezas de praias, retirada de plantas invasoras e plantación de árbores autóctonas. Segue en marcha.

Coa xente de Ferrol

  • Idiomas para maioresClases semanais de inglés e francés para persoas maiores, con Afundación.
  • Clubs de conversaGrupos de cinco a oito persoas para practicar inglés ou francés falando de calquera tema, unha hora á semana na oficina.
  • Speak FactorTrucos para falar en público en inglés e en castelán, para xente nova. Segue en marcha.

Ideas do voluntariado

  • Obradoiros de habilidadesPercusión, meditación, crepes, costura, upcycling…
  • Actividades puntuais«Gallego!», unha noite para dar a coñecer a cultura galega; plans por San Valentín; «El Barrio», unha exposición de fotografía.
  • Ferrol, máis bonitoMurais novos no campus e a capela de Caranza pintada de branco.

De onde vimos.

Xeración nace en 2013 da man dun grupo de mozos e mozas de Ferrol. Antes estabamos en Narón; dende 2017, a Casa da Xuventude é o noso campamento base.

Montamos iniciativas culturais, ambientais e de voluntariado, e formamos a xente nova con obradoiros e cursos accesibles e gratuítos: oratoria, idiomas, vídeo, teatro.

Organizamos proxectos internacionais, dunha semana a un ano, para saír, coñecer xente de todo o continente e volver con outra mirada sobre os retos sociais e ecolóxicos do noso tempo.

E cando vemos que á comunidade lle falta algo, tentamos construílo: así naceron unha app de buses, unha biblioteca de obxectos e varios proxectos para coidar o monte e a costa.

  1. 2013

    Fundación

    Un grupo de mozos e mozas de Ferrol pon en marcha Xeración.

  2. 2014

    Primeiro proxecto internacional

  3. 2015

    Chega o noso primeiro voluntario

  4. 2017

    A Casa da Xuventude

    Instalámonos na Casa da Xuventude de Ferrol. Antes estabamos en Narón.

  5. 2017

    Speak Factor

    Arrinca o curso gratuíto de oratoria en inglés na Casa da Xuventude.

  6. 2018

    Primeiro curso internacional

    Speak Factor convértese nun curso con participantes de toda Europa en Ferrol.

  7. 2020

    Paisanos

    Retratos e podcast coas historias de veciños e veciñas de Ferrol.

  8. 2022

    Eurolibrary

    24 creativos de 4 países percorren o Camiño Inglés en autocaravana montando bibliotecas humanas.

  9. 2023

    Get The Net

    Pechamos un ano de traballo con 11 entidades europeas sobre participación xuvenil.

Seis ideas que non negociamos.

Mobilidade

Moverse por Europa debería estar ao alcance de calquera mozo ou moza, sobre todo de quen ten menos oportunidades.

Cooperación

Movemos proxectos de cooperación social e voluntariado, aquí en Ferrol e no resto de Europa.

Democracia

Fomentamos o pensamento crítico e que a xente nova teña voz nas decisións que lle afectan.

Tolerancia

Respecto, interculturalidade e solidariedade. Cada intercambio é unha escusa para desmontar prexuízos, comezando polos nosos.

Saúde

Defendemos unha vida san: deporte, aire libre e plans de lecer alternativo.

Ecoloxía

Coidamos o contorno con accións de restauración da natureza e moita sensibilización ambiental.

O equipo agora mesmo.

Quero coñecer o equipo

O que di a xente.

4,9

26 opinións · Opinións en Google

Ver todas as opinións

Outros proxectos nosos.

Por onde queres comezar?

Co apoio de

Coñecémonos en persoa?

Pasa pola Casa da Xuventude (Rúa Almendra 9, Ferrol) de luns a venres, das 10:00 ás 14:00, ou escríbenos por WhatsApp. Contámosche o que hai sen compromiso, veñas pola túa conta ou de parte dunha entidade.