Cada semana hai algo que facer en Xeración.
Xogos sen móbil, arte, música en directo e noites con xente doutros países. Case sempre de martes a xoves ás 20:00 na Casa da Xuventude de Ferrol, e case todo de balde.

Que hai nos próximos catorce días.
- MAR17NOV
Jam Session
- MÉR18NOV
ARTholics
- XOV19NOV
Offline Club 📵
- MÉR25NOV
ARTholics
- XOV26NOV
Offline Club 📵
O que se repite cada semana.
Speak Factor
Martes alternos · 20:00
Oratoria e improvisación en inglés, con xogos e retos. De 18 a 30 anos.
Quero saber máisJam Session
Martes alternos · 20:00
Música en directo: trae o teu instrumento ou ven escoitar.
ARTholics
Mércores · 20:00
Lapis, pinceis, gancho e boa compañía.
Offline Club
Xoves · 20:00
Prohibido o móbil, obrigatorio o pique: billar, futbolín e xogos de mesa.
Noites culturais
Datas soltas, na axenda
Unha noite para coñecer outro país coa xente que vén de fóra.
O mapa sérveo Google: ao cargalo, Google pode gardar cookies no teu navegador. Política de cookies
Abrir en Google MapsCasa da Xuventude
Rúa Almendra 9, 15402 Ferrol.
A oficina abre de luns a venres, das 10:00 ás 14:00. Os plans son pola tarde, case sempre de martes a xoves ás 20:00: mira a axenda para confirmalo.
Como vir
En bus, con Liña, a nosa app de autobuses de Ferrol e de Galicia. Pon a Almendra 9 como destino e dirache que bus coller, en que parada e cando pasa, en tempo real. De balde e sen instalar nada.
Contacto
Antes de vir.
Hai que apuntarse?
Non. Case todo é de balde e abonda con vir. Se algún plan ten prazas limitadas, veralo na axenda.
Hai que ser de Xeración?
Non. Ven cando queiras. Se che gusta e queres implicarte, despois falamos.
Que idade hai que ter?
Entre 18 e 30.
Podo propoñer unha actividade?
Si. Coméntao en calquera plan, escríbenos por WhatsApp ou Instagram, ou pásate pola oficina de luns a venres, das 10:00 ás 14:00.
Ven ao próximo plan.
Non fai falta avisar. Case sempre hai algo de martes a xoves ás 20:00 na Almendra 9: mira a axenda para confirmalo.