
Este foi un desafio dos que che cambian a vida. Unha semana no Camiño cun equipo de aventureiros de toda Europa. Todos xuntos coa mesma misión: percorrer os últimos 100 km dun dos camiños de Santiago, coa menor equipaxe posible.
Fases do reto
Día 1: Formamos equipos internacionais e traballamos xuntos a preparación física e mental.
Días 2 a 5: Invitamos a deixar atrás o diñeiro e o teléfono… Comezamos a camiñata con misións ao longo do camiño coas que poder comer e atopar refuxio.
Día 6: Facilitamos unha reflexión profunda sobre a experiencia nun lugar moi especial.
QUEN?
- Contamos con 16 traballadores e líderes xuveniles
- Preparados para explorar a aprendizaxe experiencial chegando e, as veces, sobrepasando os seus límites
- Procedentes de 10 países europeos


ONDE?
CANDO?
Verán 2023.
Comezamos o 8 de xullo.
Rematamos o 15 de xullo.
Unha semana que cambiou a vida dos nosos participantes.

DESCUBRE O DOCUMENTAL

