O Espazo Xove de Betanzos impartirá gratuitamente o Obradoiro de “Oratoria motivacional ou coaching” o mércores 23 de outubro de 20h a 22h.
“Oratoria motivacional ou coaching. Librándonos do pensamento negativo” pretende ser un momento para a reflexión nestes tempos axitados. Experiencias e ideas que invitan á acción e apoian o desenvolvemento persoal como o único camiño cara ó éxito.
Dito obradoiro está dividido en dúas partes:
– Motivación e liderazgo: Compartir unha serie de ideas e experiencias motivadoras que invitan á acción axudan na loita polo desenvolvemento persoal e o éxito profesional, especialmente en tempos de crise. Trataránse temas como: librarse do pensamento negativo, o optimismo, a importancia de desfrutar do camiño, o valor das cousas, a actitude como ferramenta de desenrolo persoal.
– O poder da palabra: Traballarase a preparación dus discurso, a oratoria, a transmisión de ideas, a comunicación non verbal e a actitude do orador.
Estas interesado/a? Entón podes apuntarte no Espazo Xove de Betanzos, a través do teléfono: 981 77 40 89 (horario de tarde) ou no seguinte enderezo electrónico: cxbetanzos.traballo@xunta.es Nicentbatcardta . Alacestiosaa