Se queres mellorar o teu karma tes unha cita en Betanzos

O Espazo Xove de Betanzos impartirá gratuitamente o Obradoiro de “Oratoria motivacional ou coaching” o mércores 23 de outubro de 20h a 22h.

“Oratoria motivacional ou coaching. Librándonos do pensamento negativo” pretende ser un momento para a reflexión nestes tempos axitados. Experiencias e ideas que invitan á acción e apoian o desenvolvemento persoal como o único camiño cara ó éxito.

Continue reading